Propiedade intelectual, dereitos de autor e copyright

Protexemos as súas creacións en todos os eidos

O creador da obra pode prohibir ou autorizar a súa reprodución, interpretación ou execución pública, a súa gravación, transmisión por calquera medio, tradución ou adaptación. O autor está en posesión de dous tipos de dereitos: os dereitos morais da obra e os dereitos patrimoniais ou de explotación económica da obra.

  • Os dereitos morais son irrenunciables e inalienables, polo que o autor pode exixir en calquera momento o seu recoñecemento como autor; tamén poderá decidir se a obra se pode divulgar, modificar, etc.
  • Os dereitos económicos pódense ceder e son todos aqueles que serven para a explotación económica da obra: traducións, adaptacións teatrais, exposicións públicas, cambios de formato, etc.

Os novos ámbitos de creación tamén quedan protexidos polo dereito de autor. Deste xeito, os programas informáticos (software), as webs ou portais de Internet, etc., son susceptibles de ser rexistrados.

O autor pode ser unha persoa física, un colectivo de autores e mesmo unha persoa física que traballe para unha empresa. Segundo o tipo de autor e o formato da obra, a documentación necesaria para acceder ao rexistro será diferente.

Como podemos axudar?

Asesoramento, rexistro e protección

Inscrición de dereitos no rexistro da propiedade intelectual.

Rexistro de propiedade intelectual en España

Rexistro de propiedade intelectual e software en 24 horas nos Estados Unidos

Trámites administrativos e privados

Trámites perante o Rexistro da Propiedade Intelectual e outras entidades de xestión de dereitos.

Asesoramento sobre estratexias

Protección alternativa de obras multimedia, audiovisuais, literarias e gráficas.

Rexistro de contidos en Internet

Asesoramento sobre o rexistro privado de contidos de páxinas web, portais, revistas dixitais e blogs.

Deseño de estratexia e xestión de rexistros alternativos

Negociación de tarifas

Negociación de tarifas coas distintas entidades de xestión de dereitos de autor.

Sistemas P2P e contidos en liña

Asesoramento sobre sistemas P2P e prácticas legais de comunicación pública de contidos en liña.

Asesoramento e defensa xurídica

Dereitos de propiedade intelectual e afíns (copyright, creacións literarias, composicións musicais, software, fotografía, escultura, arquitectura, etc.).

Asesoramento en infraccións

Asesoramento e dirección letrada en materia de infraccións de dereitos de propiedade intelectual, por vía civil ou penal.

Licenzas e transferencias

Elaboración e revisión de licenzas e acordos de transferencia.

Rexistra agora o teu traballo de propiedade intelectual