Política de privacidade

En cumprimento da Lei 15/1999 do 13 de decembro, sobre a protección de datos de carácter persoal, J. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L., con domicilio profesional en Avd. Diagonal 463 Bis 1º 08036, Barcelona, informa o usuario de que os datos de carácter persoal que nos facilite ou aqueles aos que J. ISERN PATENTES Y MARCAS poida acceder como consecuencia da súa navegación, consulta e/ou solicitudes realizadas a través da páxina web www.isern.com, serán incorporados nun ficheiro de datos persoais, de titularidade de J. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L, que ten por finalidade a prestación dos servizos solicitados polo usuario, isto é, asesoramento legal.

Os datos recompilados pola plataforma web son os necesarios para a prestación dos servizos solicitados. Non facilitar eses datos supón a imposibilidade de prestar o servizo que lle ofrecemos. Entendemos a este respecto que ao facilitar os seus datos persoais e aceptar igualmente as nosas políticas e condicións de uso do servizo, establecidas no noso aviso legal, consinte que os seus datos sexan tratados para a finalidade arriba descrita.

Cando se soliciten datos persoais a través de www.isern.com, o usuario será o único responsable por mor da cumprimentación dos formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados, sendo informado previamente, de forma clara e inequívoca, de que os datos persoais facilitados van ser incorporados nun ficheiro ou tratamento de datos de carácter persoal, do cal é titular e responsable J. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L, inscrito adecuadamente no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.

Os usuarios, así mesmo, fanse responsables e comprométense a comunicar a J. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L calquera cambio nos datos que lles afecten e que tivesen fornecido con anterioridade aos efectos de cumprir co principio de exactitude dos datos persoais almacenados en ficheiros.

O seus datos poden ser cedidos a terceiras persoas para cumprir dilixentemente coa prestación dos servizos ofrecidos. En ningún caso serán cedidos para una finalidade diferente á aquela para a que foron recompilados e os cesionarios serán encargados do tratamento responsable deses datos.

J. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garanten a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitan a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os perigos aos que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, sempre de conformidade co previsto na normativa vixente.

No caso de que desexe poder exercer os seus dereitos ARCO (acceso, rectificación, cancelación ou oposición ao tratamento dos seus datos) rogamos que se poña en contacto con nós a través do seguinte enderezo de correo electrónico: ; por teléfono, ao número 93 3637900 ou escribindo ao noso enderezo postal indicado arriba.