Somos os teus axentes de propiedade industrial e intelectual

Orixes e historia do ISERN

Isern Miralles funda ISERN Patentes y Marcas en 1924, con oficinas en Madrid e Barcelona. Tras o seu pasamento, sucédeo o seu fillo J. Isern Cuyás. Ao se decatar de que a firma está consolidada nestas dúas cidades, decide abranguer máis da xeografía española, centrando os seus esforzos na expansión da empresa. Abre oficinas en Alacant, Zaragoza, Valencia, Granada e Logroño. Viaxa por todo o mundo e inicia a expansión internacional da empresa.

Despois do pasamento de J. Isern Cuyás, os socios destas empresas tiveron claro que o seu futuro era continuar ISERN Patentes y Marcas coma un despacho de profesionais altamente cualificados para dar o mellor servizo aos nosos clientes.

A oficina hoxe

ISERN Patentes y Marcas conta con más de 150 profesionales para asesorar aos clientes en todo o que precisen e con 12 oficinas repartidas por toda España, polo que é unha das empresas líderes do noso sector.

ISERN Patentes y Marcas xestiona unha carteira de más de 40.000 clientes. Dende o cliente particular e o pequeno empresario, pasando por pequenas e medianas empresas familiares ata as grandes multinacionais. A nosa filosofía dita que calquera cliente é importante independentemente da dimensión que teña como empresa.

A nosa filosofía de traballo consiste en non nos limitar en ser simples xestores de carteiras, senón en dar un servizo áxil e un asesoramento continuo aos clientes para que poidan tomar decisións coa maior información e tempo posibles.

Por mor do seu alto grao de especialización, Isern Patentes y Marcas sitúase na elite tanto nacional como internacional. As súas áreas de asesoramento son: INVENCIÓNS (patentes e modelo de utilidade); MARCAS, LOGOS E SIGNOS DISTINTIVOS(marcas e nomes comerciais); DESEÑOS (deseños e modelos industriais); PROPIEDADE INTELECTUAL (copyright, dereitos de autor); INTERNET, DOMINIOS E NOVAS TECNOLOXÍAS (rexistradores oficiais de dominios); SERVIZOS XURÍDICOS E CONTROL ADUANEIROREDACCIÓN DE CONTRATOS, NEGOCIACIÓNS E LICENZASAUDITORÍAS E VALORACIÓNS DE CARTEIRA DE PROPIEDADE INDUSTRIAL.

Somos un despacho que ofrece un servizo integral e personalizado dende o asesoramento previo e o estudo de viabilidade, pasando pola tramitación ata o rexistro da marca, patente, dominio en Internet, etc., en España ou en calquera lugar do mundo. Tamén ofrece a súa vixilancia e protección xurídica fronte a imitacións ou actos de pirataría e vixilancia aduaneira. O seu equipo está composto por axentes da propiedade industrial, axentes europeos de patentes, axentes europeos de marcas e deseños, avogados, economistas, enxeñeiros, biólogos, químicos, tradutores técnicos e persoal altamente especializado en propiedade industrial e intelectual.

Asociacións e adhesións

Solicita a túa marca, patente ou deseño