Marcas, logos e signos distintivos

O súa ferramenta para se diferenciar no mercado

Para ter un uso exclusivo dun signo distintivo no mercado e para que o consumidor identifique con claridade a súa actividade e sexa doada de recoñecer, cómpre ter un rexistro de marca.

Unha marca é todo signo distintivo susceptible de representación gráfica; estes signos poden ser de moitos tipos: palabras, imaxes, figuras, letras, símbolos, cifras, formas tridimensionais (p. ex., envases, envoltorios) etc.

rexistro de marca outorga unha ampla protección e é un activo importante para o seu negocio. A exclusividade dunha marca rexistrada é de dez anos a partir da data do depósito da solicitude e pódese renovar indefinidamente.

Estes dereitos garanten a exclusividade no uso da marca e conceden o dereito a prohibir que outros utilicen unha marca idéntica ou similar para produtos ou servizos idénticos ou similares, así como a seguridade de poder utilizala sen medo de ter que retirala do mercado.

Como podemos axudar?

Rexistro de marcas

Tramitación no eido nacional, europeo e internacional.

Definición de estratexias

Destinadas a definir que protexer, cando protexer e que tipo de accións emprender para protexer e desenvolver a súa marca.

Asesoramento previo

Sobre a viabilidade dunha marca ou logotipo.

Ámbito de aplicación

Asesoramento sobre o ámbito de aplicación (produtos e servizos) que debe cubrir a marca para obter unha total protección.

Seguimento e defensa

Seguimento e defensa da súa marca en calquera país do mundo durante o proceso de rexistro (contestación de suspensos, recursos de alzada).

Oposición de terceiros

Negociación previa á oposición para diminuír os custos e a defensa da súa marca fronte a oposicións de terceiros.

Contratos e negociacións

Elaboración de todo tipo de contratos (cesión, licenza, distribución) e negociacións.

Valoración gratuíta de oposición

Posibilidades de éxito dunha oposición.

Vixilancia de marcas e deseños

Servizo de vixilancia xeral e gratuíta de logos, marcas españolas e comunitarias, deseños comunitarios e marcas internacionais con extensión en España.

Renovacións

Xestión vantaxosa no servizo de renovacións.

Informes específicos

Informes específicos de novas solicitudes de marca no seu sector ou de posibles competidores.

Revisión diaria

Revisión diaria de marcas publicadas en boletíns oficiais.

Poderes

Rexistra a túa marca agora