Internet, dominios e novas tecnoloxías
Facemos de Internet unha aliada
Dende o momento no que o nome de dominio deixou de ser un concepto puramente técnico para se converter na “marca en Internet“, abriuse un abano de servizos en torno a este concepto. O obxectivo é intentar protexer a denominación por todos os medios.
Creamos toda unha estratexia para a súa canle de marca en Internet que se inicia con estudos de viabilidade de nomes de dominio e abrangue ata a implantación da marca en buscadores e redes sociais. A nosa xestión integral permitiralle un investimento seguro na súa campaña de mercadotecnia en liña e, ademais, brindaralle toda a protección legal para que a súa marca sobreviva nun escenario global cheo de competidores.
A nosa calidade de axentes de marcas e axentes acreditados de nomes de dominio aseguraralle unha completa protección no eido global. Ademais, contará cuns servizos de asesoría xurídica especializada en todo momento que lle permitirán ao seu negocio brindar seguridade aos seus clientes en liña. Somos axentes acreditados mundialmente dos dominios “.es”, “.eu”, así como dos dominios territoriais.
Como podemos axudar?
Rexistro de dominios
Nacionais e internacionais.
Nomes de dominio
Xestión integral de carteiras de nomes de dominio.
Conflitos e pirataría
Resolución de conflitos e piratarías de nomes de dominio e de marcas en Internet.
Informes de nomes de dominio
Informes sobre o estado dunha marca tocante ao nome de dominio en todo o mundo.
Inscrición de nomes de dominio
Inscrición no rexistro mercantil correspondente.
Titularidade
Informes sobre a titularidade actual e pasada dun nome de dominio (datos "who is" e datos "historical who was").
Consultas xurídicas en liña
Servizos de consultas xurídicas en liña relativas ao dereito das novas tecnoloxías.
Contratos
Contratos de novas tecnoloxías, revisión e adecuación de contratos.