Servizo de información e vixilancia tecnolóxica
As patentes e os modelos de utilidade son unha fonte fundamental de información tecnolóxica
Son informes que proporcionan, coa periodicidade desexada, referencias das patentes de invención e modelos de utilidade que se publican dentro e/ou fóra do territorio nacional; Isto permítelle coñecer de forma exclusiva todas aquelas innovacións tecnolóxicas relacionadas coa súa actividade empresarial e a súa competencia directa. Os informes realízanse de forma personalizada segundo a necesidade de cada cliente.
Ao se trataren de informes realizados a medida, as utilidades son diversas. Permiten estar permanentemente informado da evolución e as novidades máis significativas do entorno tecnolóxico no que se desenvolven as súas actividades, incluídas as empresas da competencia. Ademais de ofrecer datos sobre novos produtos e liñas de investigación.
Para a elaboración dos informes empregaranse as base de datos privadas e públicas de cobertura internacional (ofrece información das oficinas de patentes mais importantes do mundo).
Os clientes de ISERN poderán personalizar os criterios de selección segundo as súas necesidades:
- Clasificación internacional de patentes.
- Palabras clave.
- Solicitantes ou inventores.
A información facilitarase de forma clara, baixo o perfil de procura seleccionado.
Procuras con opinión escrita
AUDIPAT
Análise da carteira de patentes e avaliar a súa forza fronte a terceiros en función do estado da técnica.
OPIPAT
Opinión sobre a patentabilidade dun novo proxecto.
FREEPAT
Opinión sobre si existe monopolio no mercado dun produto ou procedemento de mercado
SELLPAT
Procura dos potenciais compradores dunha tecnoloxía segundo o número de rexistros e campo da técnica.
Procuras sen opinión
INFOPAT
Produtos por combinación de criterios
2.- Criterio tecnolóxico: código clasificación de patentes, palabras clave o EPO.
3.- Criterio nominal: solicitante o inventor.
4.- Criterio temporal de envío información: mensual, trimestral o semestral.
INFOPLUS
2.- Control de pago de anualidades de patentes de terceiros.
TRADUPAT
Servizo complementario de tradución cara o español da información obtida.