Aviso legal e condicións xerais de uso

ISERN PATENTES Y MARCAS S.L, en cumprimento da lexislación española actual, pon no seu coñecemento que as presentes condicións regulan o acceso e uso da presente páxina web. Sempre co obxectivo de evitar o anonimato neste sitio web. Deste xeito, infórmase de que este sitio está administrado por J. Isern Patentes y Marcas S.L, inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona:

Tomo 28.361
Folio 66
Folla B‐134.858
Inscrición
CIF B‐60861119
Con enderezo postal:
Avd. Diagonal 463 Bis 2º.
CP: 08036 Barcelona.
Contacto:
Jorge Isern Jara é axente de la propiedade Industrial, inscrito no Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Industrial co número 515.

1. Acceso ao sitio web.

As presentes condicións xerais de acceso e uso regulan o acceso e a utilización do sitio web que pon a disposición dos usuarios da rede de Internet e ten por obxecto facilitar ao usuario información relativa aos seus servizos e actividades.

O acceso e utilización do sitio web por parte do usuario, implica a aceptación das presentes condicións xerais de acceso e uso, así como da política de privacidade do sitio web.

Polo tanto, pregamos que lea atentamente as condicións xerais de acceso e uso e a política de privacidade cando teña intención de empregar o sitio web, xa que estes documentos poderán ser adaptados e/ou modificados en calquera intre. Se non acepta as presentes condicións, rogamos que se absteña de empregar o sitio web e o seu contido.

2. Utilización do sitio web.

O usuario comprométese a facer un uso dilixente do sitio web, así como da información relativa aos servizos e actividades que contén, con total suxeición tanto á normativa como ás presentes condición xerais de acceso e uso. Así mesmo, o usuario comprométese a non levar a cabo ningún acto co obxecto de danar, inutilizar e/ou sobrecargar o sitio web ou que impedise de calquera forma a súa utilización e funcionamento normais. Infórmase o usuario de que, no caso de que incumpra as condicións xerais de acceso e uso, a política de privacidade ou, se fora o caso, calquera outro termo ou condición recollidos no sitio web, queda reservado o dereito a limitar, suspender e/ou pór fin ao seu acceso o sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

3. Funcionamento do sitio web.

ISERN PATENTES Y MARCAS S.L pon os seus mellores esforzos para manter o bo funcionamento do sitio web, evitando erros, e se é o caso, reparándoos e mantendo os contidos dos sitio web debidamente actualizados. Porén, ISERN PATENTES Y MARCAS S.L non garante a dispoñibilidade e a continuidade no acceso ao sitio web nin a existencia de erros no seu contido, así como tampouco que estes últimos sexan actualizados de xeito oportuno.

4. Modificacións na información do sitio Web.

ISERN PATENTES Y MARCAS S.L resérvase a facultade de efectuar en calquera momento e sen necesidade de aviso previo modificacións, supresións e/ou actualizacións na información contida no sitio web, a súa configuración e/ou presentación. Así e todo, estas modificacións unilaterais e sen previo aviso unicamente se referirán a aquelas que non supoñan un cambio substancial. No caso de que estes cambios sexan relevantes, o usuario será informado mediante un banner ao inicio da navegación.

5. Emprego da información contida no sitio web.  

Tanto o acceso ao sitio web como o emprego que se poida facer de calquera información que conteña quedan baixo a responsabilidade exclusiva do usuario. ISERN PATENTES Y MARCAS S.L non se fai responsable dos danos e/ou prexuízos que puidesen derivar directa ou indirectamente do acceso ou emprego da información contida no sitio web e, especialmente, daquela información relativa a terceiros.
Así mesmo, ISERN PATENTES Y MARCAS S.L non se fai responsable de ningún dano e/ou prexuízo no software e/ou hardware do usuario da web, incluídos pero sen limitación a eles, os provocados pola introdución de virus e/ou ataques informáticos; tampouco será responsable dos danos que puidesen sufrir os usuarios por un uso inadecuado do sitio web nin das caídas, interrupcións, ausencia ou defecto nas comunicacións.

6. Responsabilidade do usuario.

O usuario é consciente e acepta voluntariamente que o uso do sitio web ten lugar, en todo caso, baixo a súa responsabilidade única e exclusiva. O usuario responderá dos danos e prexuízos de toda natureza que poida sufrir como consecuencia do incumprimento de calquera das obrigacións ás que queda suxeito en virtude das presentes condicións xerais de acceso e uso ou da lexislación aplicable en relación coa utilización do sitio web.

7. Propiedade intelectual.

Todos os dereitos de propiedade intelectual, deseños, bases de datos, programas de ordenador subxacentes (incluídos os códigos fonde) e os distintos elementos que integran o sitio web (textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras, combinacións de cores, etc.) ["Contidos"], así como a súa estrutura, selección e orde son titularidade de ISERN PATENTES Y MARCAS, dos licenzantes ou, na súa falta, da fonte que se cite en dita ligazón. Con respecto aos signos distintivos incluídos no sitio web (marcas e nomes comerciais), estes son titularidade de ISERN PATENTES Y MARCAS ou dos seus licenzantes.

Os contidos deste sitio web foron creados por ISERN PATENTES Y MARCAS S.L, agás nos casos nos que se indique que son achega dun colaborador. Os dereitos de propiedade intelectual sobre estes contidos están reservados, aínda que se permite citalos mediante ligazón e mención do autor.

8. Protección de datos persoais.

Os aspectos relativos ao tratamento de datos persoais dos usuarios do sitio web regulaméntase na política de privacidade e na política de cookies do sitio web.

9. Lexislación aplicable.

Este sitio web e las relacións con noso despacho réxense polas leis españolas.

Calquera controversia que puidera xurdir entre ISERN PATENTES Y MARCAS S.L. e os usuarios será resolta, con renuncia expresa das partes ao seu propio foro, polos Xulgados e Tribunais da cidade de Barcelona (España).