Invencións, patentes e modelos de utilidade
Innovar é o que distingue ao líder
Unha patente é un título que recoñece o dereito a explotar en exclusiva, durante un período non superior a vinte anos, procedemento novo, un aparato novo, un produto novo ou un perfeccionamento ou mellora destes.
O dereito de explotación da invención patentada recoñece o dereito a excluír a terceiros da fabricación, utilización ou introdución do produto ou do procedemento patentado no libre comercio.
Os requisitos de protección dunha patente de invención son novidade mundial e actividade inventiva.
A duración dunha patente de invención é de vinte anos a contar dende a data de presentación da solicitude, sendo precisa a liquidación dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.
Un modelo de utilidade é un título que recoñece o dereito a explotar en exclusiva, durante un período non superior a dez anos, unha invención con menor rango inventivo que as invencións protexidas polas patentes de invención.
En concreto, consiste en dar a un obxecto unha configuración ou estrutura nova da que se derive algunha vantaxe ou utilidade práctica. O alcance da protección dun modelo de utilidade é similar ao conferido por unha patente de invención
A duración dun modelo de utilidade é de dez anos a contar dende a data de presentación da solicitude, sendo preciso o pago dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.
Como podemos axudar?
Rexistro de patentes
Invencións e modelos de utilidade no eido nacional, europeo e internacional.
Actividades relacionadas
Actividades relacionadas no marco dos procedementos de rexistro (accións oficiais, respostas a exames, oposicións, etc.).
Informe sobre novo proxecto
Informe sobre o estado da técnica dun novo proxecto ou desenvolvemento.
Obtención de copias
Copias de publicacións de patentes de invención e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
Rede internacional
Especialistas en calquera area tecnolóxica.
Xestión de mantemento
Anualidades no eido internacional.
Tramitación de axudas
Fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
Asesoramento legal
Asesoramento en transferencia de tecnoloxía.