Latam Desk
A alianza cultural e económica entre América Latina e España é fundamental para a Propiedade Industrial e Intelectual
ISERN ten un equipo específico especializado en asuntos relacionados con Latinoamérica. Debido aos lazos culturais e de idioma, a nosa firma ten moitos intereses postos neses países.
Este equipo está formado por persoas de nove nacionalidades distintas de Latinoamérica que xunto con varios profesionais doutras nacionalidades diferentes nos permiten estar mais preto do continente.
Somos líderes no noso sector en España, polo que o fluxo de traballo é constante. Isto débese principalmente ás inversións que teñen as empresas españolas en Latinoamérica. Despois de moitos anos de experiencia, eliximos os despachos en cada país adecuándonos ás necesidades específicas dos nosos clientes.
ISERN asiste frecuentemente a foros, congresos e conferencias, involucrándose e dando relatorios e varias asociacións latinoamericanas de propiedade industrial e intelectual. Sempre estivemos presentes neses países para nos ocupar persoalmente dos intereses dos seus clientes. Viaxar e forxar relacións axúdanos a medrar.
Este coñecemento e proximidade cos nosos colegas fainos realmente competitivos en canto a prezos.
Así mesmo, esta rede única de colaboradores permítenos ofrecer un servizo específico e preciso en calquera asunto que requira o cliente, tanto no eido rexistral, coma industrial e intelectual, en canto a contratación, control aduaneiro ou de asesoría legal; tamén ofrecemos coñecemento relacionado con tratados americanos, coma o Mercosur ou o Pacto Andino.
En suma, todo o esforzo e posta en práctica teñen un só obxectivo: mellorar e asistir ás empresas que depositan en nós a súa confianza coma clientes.