Asian Desk

A única firma con soporte bidireccional, especializado e exclusivo para clientes españois e asiáticos

Dende o departamento Asia, ofrecemos un servizo de soporte único e exclusivo para os clientes españois que queren protexer os seus dereitos nese territorio, así coma a clientes asiáticos interesados en protexer a súas marcas en Europa e Latinoamérica.

No noso equipo contamos con dous especialistas que falan chinés e outro que fala xaponés que están a ofrecer servizos de valor engadido, acompañando e axudando aos clientes na apertura de oportunidades comerciais neses países.

Para iso, temos correspondentes nativos que ofrecen apoio lingüístico e cultural en cada mercado para consolidar as relacións cos nosos clientes, facilitando unha comunicación estreita e fluída, e que nos permiten organizar reunións no seu idioma de orixe, sempre en coordinación cos nosos avogados e axentes.

Actualmente, o movemento comercial é cada vez máis global e exixente, por iso, Isern Patentes y Marcas creou este departamento coa intención de se adaptar ás necesidades do mercado e ofrecer un servizo máis próximo ás demandas.

Traballamos cos mellores asociados en cada país para poder ofrecer un servizo global aos nosos clientes. A nosa calidade é o noso selo diferenciador.

En paralelo, para os clientes de Asia que teñan interese na expansión do seu negocio por Europa, Estados Unidos e América do Sur, ofrecemos o noso servizo cun enfoque integrado dende o asesoramento, o rexistro de IP, a investigación e os contactos comerciais.

Pon a túa expansión en Asia nas mellores mans