isern.com
Siga connosco en: Linked InTwitter

Propiedade intelectual – Dereitos de autor – Copyright

Protexemos as súas creacións en todos os eidos

O creador da obra pode prohibir ou autorizar a súa reprodución, interpretación ou execución pública, a súa gravación, transmisión por calquera medio, tradución ou adaptación.

O autor está en posesión de dous tipos de dereitos: os dereitos morais da obra e os dereitos patrimoniais ou de explotación económica da obra.

Os dereitos morais son irrenunciables e inalienables, podendo o autor esixir en calquera momento o seu recoñecemento como autor, tamén poderá decidir se a obra se pode divulgar, modificar, etc.

Os dereitos económicos pódense ceder e son todos aqueles que serven para a explotación económica da obra: traducións, adaptacións teatrais, exposicións públicas, cambios de formato, etc.

Os novos ámbitos de creación tamén quedan protexidos polo dereito de autor; deste xeito os programas informáticos (software), as webs ou portais de internet, etc. son susceptibles de ser rexistrados.

PODERES

O autor pode ser unha persoa física, un colectivo de autores e mesmo unha persoa física que traballe para unha empresa.

En función do tipo de autor e do formato da obra, a documentación necesaria para acceder ao rexistro será diferente.


Servizos:

  • Asesoramento, rexistro e protección dos dereitos de propiedade intelectual: inscrición de dereitos no rexistro da propiedade intelectual.
  • Rexistro da Propiedade Intelectual en España.
  • Rexistro de propiedade intelectual e software en 24 horas en Estados Unidos.
  • Trámites administrativos e privados ante o rexistro da propiedade intelectual e entidades de xestión de dereitos.
  • Asesoramento sobre estratexias de protección alternativa de obras multimedia, audiovisuais, literarias e gráficas.
  • Asesoramento sobre o rexistro privado de contidos de páxinas web, portais, revistas dixitais e blogs
  • Deseño de estratexia e xestión de rexistros alternativos.
  • Negociación de tarifas coas distintas entidades de xestión de dereitos de autor.
  • Asesoramento sobre sistemas p2p e prácticas legais de comunicación pública de contidos en liña.
  • Asesoramento e defensa xurídica de dereitos de propiedade intelectual e afíns (copyright, creacións literarias, composicións musicais, software, fotografía, escultura, arquitectura…).
  • Asesoramento e dirección letrada en materia de infraccións de dereitos de propiedade intelectual, ben sexa por vía civil ou penal.
  • Elaboración e revisión de licenzas e acordos de transferencia.

 

Formulario de servizos Consultas