isern.com
Siga connosco en: Linked InTwitter

Invencións, patentes e modelos de utilidade

Innovar é o que distingue ao líder

Unha PATENTE é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva, durante un período non superior a vinte anos, un procedemento novo, un aparato novo, un produto novo o un perfeccionamento ou mellora dos mesmos.

O dereito de explotación da invención patentada recoñece o dereito de excluír a terceiros da fabricación, utilización ou introdución do produto ou o procedemento patentado no libre comercio.
Os requisitos de protección dunha patente de invención son: novidade mundial e actividade inventiva.
A duración dunha patente de invención é de vinte anos a contar desde a data de presentación da solicitude, sendo precisa a liquidación dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.

Un MODELO DE UTILIDADE é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva, durante un período non superior a dez anos, unha invención con menor rango inventivo que as invencións protexidas polas patentes de invención.

Concretamente, consiste en dar a un obxecto unha configuración ou estrutura nova da que se derive algunha vantaxe ou utilidade práctica.

O alcance da protección dun Modelo de Utilidade é similar ao conferido por unha Patente de Invención.

PODERES

Os requisitos de protección do Modelo de Utilidade son: novidade e actividade inventiva.

A duración dun Modelo de Utilidade é de dez anos a contar desde a data de presentación da solicitude, sendo preciso o pagamento dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.

Servizos:

  • Rexistro de patentes de invención e modelos de utilidade a nivel nacional, europeo e internacional.
  • Actividades relacionadas dentro dos procedementos de rexistro (accións oficiais, respostas a exames, oposicións, etc.).
  • Informe sobre o estado da técnica dun novo proxecto/desenvolvemento.
  • Vixilancia tecnolóxica personalizada.
  • Obtención de copias de publicacións de patentes de invención e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
  • Peritaxes.
  • Xestión de mantemento de anualidades a nivel internacional.
  • Xestión de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
  • Asesoramento legal en transferencia de tecnoloxía.
  • Valoración de patentes.
  • Rede internacional de especialistas en calquera area tecnolóxica.

 

Formulario de Servizos Consultas