isern.com
Siga connosco en: Linked InTwitter

Estudo e auditoría de carteira de Patentes e Marcas

Un activo moi importante

Hoxe en día as empresas teñen un activo moi importante constituído pola Carteira de Propiedade Industrial.

Ás veces, este activo non está correctamente dimensionado, producindo uns sobrecustos de xestión de mantemento, pero tamén se pode dar o caso de que a protección que se estea a dar non sexa todo o efectiva que debera ser.

Para poder adecuar a carteira de Propiedade Industrial á necesidade real da empresa, J. ISERN, ofrece un servizo de primeira auditoría e revisión nese campo.

J. ISERN conta cun equipo profesional formado por Axentes da Propiedade Industrial, Avogados e Economistas para poder desempeñar este traballo.

Deseguido indicámoslle en liñas xerais os pasos que realizamos na devandita auditoría:

  • Compromiso de confidencialidade
  • Determinación do volume actual e a situación legal da carteira de rexistros.
  • Adecuación da carteira de Rexistros ás necesidades reais da empresa tendo en conta os plans de expansión a medio prazo.
  • Análise de toda esa información, de xeito que se detecten as carencias ou excesos de forma doada e clara.
  • Conclusións e propostas.

 

Consultas